Xunta Directiva

Cegasal gaña dous recursos aos concellos de Ourense e Sanxenxo e logra a modificación de varios concursos

  • O Tribunal Administrativo de Galicia dá a razón a Asociación de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro e obriga a modificar as licitacións para garantir a inclusión laboral
Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2025. A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (Cegasal) celebrou hoxe a resolución favorable dos recursos presentados contra os concellos de Sanxenxo e Ourense en materia de contratación pública. Estes recursos foron interpostos debido a que os pregos das licitacións non respectaban as obrigas legais en materia de reserva de contratos para centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción, excluíndo así a entidades cuxo principal obxectivo é o de promover a integración sociolaboral.

O fallo do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL) validou a reclamación de Cegasal e obriga agora a estes dous concellos a modificar os procesos de contratación para axustarse á normativa.

No caso de Ourense, a resolución emitida polo Tribunal confirma que os pregos da licitación do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria non cumprían coa lexislación en vigor, polo que se estima o recurso interposto por Cegasal. O fallo implica que o procedemento deberá adaptarse á normativa de contratos reservados, garantindo a inclusión de entidades que promoven a integración sociolaboral de persoas con discapacidade.

Pola súa banda, no Concello de Sanxenxo, o Tribunal recoñece que os pregos da licitación para a recollida de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e limpeza de praias non respectaban as obrigas recollidas na Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular. A resolución subliña que a lexislación establece unha preferencia clara polos contratos reservados, polo que os pregos deberán ser revisados para garantir o cumprimento da normativa.

Desde Cegasal, o seu presidente, Mino Martínez, manifestou a súa satisfacción pola resolución do Tribunal e destacou a importancia de respectar as normativas que fomentan a inclusión laboral das persoas con discapacidade: "Estas resolucións son un paso máis cara a unha contratación pública responsable, que teña en conta o impacto social das licitacións e favoreza o traballo das entidades sociais", asegurou.

Deste xeito, Cegasal reafirma o seu compromiso coa defensa dos dereitos dos seus asociados e seguirá traballando para garantir que as administracións cumpran coas obrigas legais en materia de contratación pública inclusiva.

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar